lunes. 25.09.2023

Esta mesma mañá, sobre todo a xente con establecementos na parada de autobuses se preguntaban como ían facer de agora en adiante para carga e descarga, tanto dos seus propios vehículos, que non é sempre é o mesmo, como o dos provedores, viaxantes, empresas de reparto, etc. que traen os seus propios, e non van a darlle as matrículas de todos.

Para aclarar todas estas cuestións puxémonos a fala co concelleiro responsable Moncho Gómez, o cal aclara en primeiro lugar que esta é unha medida que simplemente quere ordenar un pouco o tráfico nese punto, aínda que anuncia que vai haber algún máis.

NON É CON ÁNIMO RECAUDATORIO

En ningún momento se fai isto con ánimo recaudatorio posto que a sanción de 80 € quedaría reducida a 40 por pronto pago, e si fose con afán recaudatorio podería ser de ata 200 €, posto que hai unha sinal de prohibido, a que por certo moitos non lle fan caso.

ENTRADA E SAÍDA POLA ESTACIÓN PARA VOLTAR A XERAL

Dáse a circunstancia, moitas veces na que o semáforo da estación está pechado, os condutores  se meten na estación vindo na dirección Verín, e volven saír despois da estación, onde están agora as cámaras para incorporarse a xeral e meterse na rúa da igrexa, ou antes na rúa do Peto. Iso é o que nos queremos que non se poida facer.

ENTRA EN VIGOR MAÑÁ, E HABERÁ DOUS OU TRES DIAS PARA DAR AS MATRÍCULAS.

20230913_100947

Nos entendemos que non solo son os comerciantes da estación os que teñen que usar o espazo da estación, se non que alí tamén hai un portal de vivendas que teñen que baixar ou subir persoas maiores, nenos, ou simplemente descargar a compra dos súper. Todos eses non terán problema ningún. O que ten que quedar claro para eles é que sempre que non sexa CARGA e DESCARGA, si se sancionará. Para os veciños segue dicindo o concelleiro que si hai que dar unhos cantos días máis para que dean as súas matrículas non hai problema. Todo ten que funcionar baixo o SENTIDO COMÚN.

Remata o concelleiro dicindo que haberá que de unha vez por todas por un pouco de orden no tráfico da nosa vila.

REVISIÓN POR PERSOAS

O funcionamento é automático, as matrículas que estean anotadas, xa non sairán na foto e as outras se o axente ou a persoa encargada detecta que o único que fixo foi entrar para deixar algo e marchar, pois tampouco será sancionada, pero o que entre a deixar ou recoller un paquete e “de paso aproveite para tomar un café....”

Para rematar Moncho comenta de forma case “irónica” que nin que dicir ten que os autobuses, taxis, forzas e corpos de seguridade e Servicios Sociais do concello así como servicios de emerxencias, están exentos da prohibición.