Onte a tarde abriron as piscinas de Xinzo

IMG_20210702_123712
Onte a tarde abriron as piscinas de Xinzo
Por primeira vez, unha asociación de discapacitados serán os responsables do seu funcionamento e xestión

Nun acto simbólico, a alcaldesa, Elvira Lama, entregou as chaves das instalacións á representante da entidade, Yanira Pazos, nunha aposta decidida pola integración e por visibilizar o seu traballo á sociedade

Nun acto simbólico pero cargado de emotividade, a Asociación de Diversidade Funcional da Limia, Limisi, recibiu esta mañá as chaves das piscinas exteriores de Xinzo, toda vez que o Concello outorgoulle a concesión do servizo nunha aposta decidida pola integración. Así, nos criterios de adxudicación deuse prioridade a que polo menos un 30% do persoal adscrito á execución do contrato pertencese a un colectivo de persoas con discapacidade.

IMG_20210702_123224Os concelleiros Ramón Gómez e Rafa Penabad acompañaron no acto á rexedora, Elvira Lama, que quixo poñer en valor esta iniciativa: “Estamos moi agradecidos porque este ano hai un colectivo moi especial para todos os veciños do concello, que son os rapaces de Limisi, e que por primeira vez na historia deste pobo faranse cargo da xestión das piscinas durante a tempada de verán. Debemos visibilizar o seu traballo porque están plenamente cualificados para levar a cabo estas tarefas, que irán desde a axuda no mantemento, ás actividades de entretemento ou á venda de entradas cando non sexa posible realizar o trámite a través da nova app”.