A oposición pide explicacións pola subvención ao Casino Antelano

IMG_7145
A oposición pide explicacións pola subvención ao Casino Antelano

Os partidos da oposición mostraron a súa discrepancia cos criterios de reparto das subvencións nominativas ás diferentes asociacións.

No pleno do pasado xoves día 30 de decembro, as subvencións outorgadas a diversas asociacións do municipio por parte do goberno local no 2017, convertéronse en polémico obxecto de debate. O documento orzamentario contempla unha partida de 4.000 € para a sociedade Casino Antelano que suscitou un intenso enfrontamento entre a oposición e o grupo de goberno.

Os portavoces de Xinzo Adiante, BNG e PSdeG amosaron o seu rexeitamento a esta contía ao entender que "non é unha asociación con actividade de índole social". Manuel Pérez Campos, voceiro de XA mesmo reclamou que se lle dese esa cantidade a asociacións como "Limisi" ao entender "que fan unha grande labor social e só reciben 1.000 euros por parte do Concello de Xinzo de Limia".

O voceiro do goberno local, Manuel López Casas, defendeu a aportación, alegando que "vai ser o ano de Carlos Casares".

As cantidades aprobadas nos orzamentos do 2017 para as diferentes asociacións alcanzan un total de 79.200 € a repartir do seguinte xeito:

- Comisións de festas das aldeas: 11.200 €

- Agrupación Musical da Limia: 9.000 €

- Civitas Limicorum: 5.000 €

- Asociación Teatro Aneis: 2.500 €

- Coral Antioquía: 2.000 €

- Coral Santa Mariña: 2.000 €

- Coral Aimil Folc: 2.000 €

- Banda de Música de Xinzo: 1.500 €

- Asociación A Pantalla: 1.500 €

- Aimil Escola de Gaitas: 2.000 €

- ANPA Conservatorio: 250 €

- ANPA Escola Infantil: 250 €

- ANPA Carlos Casares: 250 €

- ANPA Rosalía de Castro: 250 €

- ANPA Cidade de Antioquía: 250 €

- ANPA Lagoa de Antela: 250 €

- Limisi Diversidade Funcional: 1.000 €

- Antela Fútbol Club: 10.000 €

- Escolas Deportivas Concello de Xinzo de Limia: 10.000 €

- Asociación Baloncesto Xinzo: 5.000 €

- Asociación Deportiva Limiactiva: 3.500 €

- Piñeira Fútbol Club: 2.500 €

- Boado Fútbol Club: 2.000 €

- Xinzo Feminino Fútbol Sala: 500 €

- P. Tinto Fútbol Sala: 500 €

- Sociedad Antelana (Casino Antelano): 4.000 €