OPSOE DE XINZO SOLICITA A INTERVENCION DO ALCALDE ANTE A CHMS, PARA QUE DEFENDA OS REGANTES DA COMUNIDADE LAMAS GANADE

FINCA PATATAS
OPSOE DE XINZO SOLICITA A INTERVENCION DO ALCALDE ANTE A CHMS, PARA QUE DEFENDA OS REGANTES DA COMUNIDADE LAMAS GANADE

Para poder regar do Rio Limia os regantes das comunidades pendentes de Modernizar teñen un \“permiso\” de CHMS que os habilitaba mentra non se realizaban os melloras.

Os socialistas pídenlle o Alcalde que se reúna co Presidente CHMS e co Subdelegado do Goberno para evitar posibles sancións e expedientes coercitivos os agricultores que non teñen outra forma de regar as colleitas.

Para poder regar do Rio Limia os regantes das comunidades pendentes de Modernizar teñen un \“permiso\” de CHMS que os habilitaba mentra non se realizaban os melloras.

O goberno do Estado e da Xunta de Galicia o único que fixeron dende o 2011 foi retirar toda partida orzamentaria dedicada a tal fin, esquecendo as necesidades de auga para que a produción de pataca sexa aceptable.

Elvira Lama constata que se esta a crear certa alarma entre os agricultores da comunidade de regantes de Lamas Ganade, ante as inspeccións dos axentes da autoridade por regar do Río Limia, una practica que lles permite \“regar en precario\” con moito traballo e con moito esforzo, mentres non se acometan as modernizacións pendentes, que foron atendidas e dotadas de cartos nos orzamentos do Estado para o 2009, coa intención de que se farían en 4 anos e por importe de 27 millóns de euros.

Mentres esta modernización non se facía efectiva, e para non ser sancionados polas autoridades, una intervencións dos socialistas permitiu no seu dia que a CHMS facilitara un \“permiso que lles permitía regar do rio Limia entre o 15 de xuño e o 15 de agosto, uns 30 días, a escolles entre esas datas\”.

Unha inversión importantísima para as catro comunidades Lamas-Ganade, Alta Limia, Corno do Monte e San Salvador de Sabucedo, mediante un convenio Xunta de Galicia e MARM firmado en xaneiro de 2011, pero que o Goberno do PP de Feijoo e de Rajoy, foron retirando ata deixar sen partida a mencionada Modernización, deixando esquecidos os agricultores da Limia, o seu sustento e a da súas familias, e que pasados 7 anos seguen nas mesmas condicións, tendo que optar por regar en precario do rio ou abandoar as produción de pataca.

Os socialistas veñen de rexistrar un escrito solicitándolle o Alcalde Antonio Perez que se reúna co presidente da CHMS, para expoñer o problema e as particularidades destas comunidades de regantes.

Así mesmo pídenlle que se reúna co Subdelegado do Goberno en Ourense, de quen dependen as forzas e corpos de seguridade do Estado, e tamén cos mandos da Garda Civil de quen depende o Seprona para expoñerlle a mesma problemática, todo elo coa intención de evitar posibles multas e expedientes de sancións.