A osteoporose, unha enfermidade silente na que é básica a prevención

IMG_3825
A osteoporose, unha enfermidade silente na que é básica a prevención
A Escola Rural de Saúde da Limia ven de celebrar unha campaña de intervención sobre esta enfermidade REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia A osteoporose é...

A Escola Rural de Saúde da Limia ven de celebrar unha campaña de intervención sobre esta enfermidade

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

A osteoporose é unha enfermidade perigosa. Por iso, a Escola Rural de Saúde da Limia cumprindo coa súa misión de promoción e prevención da saúde, organizou unha campaña de intervención desta enfermidade en colaboración co profesional da farmacia e a ortopedia Pablo Vivanco. A actuación baseouse en dous obradoiros celebrados entre o 16 e o 21 de xuño na Casa da Cultura de Xinzo e o Centro Social de Arnuide. Uns talleres impartidos pola fisioterapeuta Lorena Pérez coa finalidade de dar a coñecer esta doenza metabólica e dexenerativa na que os ósos se volven máis fráxiles e propensos a fracturarse. O perigo da osteoporose radica na súa condición de enfermidade silente, non presenta dolor, nin síntomas, por iso nestas actuacións quixeron recalcar que “é fundamental ter coñecemento sobre como actúa para levar a cabo a axeitada prevención”. Doutro xeito, esta patoloxía, a máis común entre os padecementos crónicos do esqueleto, convértese na causa máis frecuente, nun 80% dos casos, da rotura de cadeira, “o que pode desembocar noutras complicacións e incluso na morte”.

Esta enfermidade afecta masivamente ás mulleres, tal e como confirman os datos da OMS e as probas de densidade ósea realizadas a todas as veciñas da Limia que así o desexaron, grazas á colaboración dos Concellos de Xinzo, Vilar de Barrio e os Blancos, así coma á Comunidade de MVMC San Mamede e Medo de Arnuide. A osteoporose pode atoparse en “máis do 30% das mulleres posmenopáusicas” e ente os seus factores de risco destacan “o sedentarismo, a idade avanzada, a menopausa precoz e a dieta pobre en calcio”.