As pantallas foron protagonistas no carnaval tradicional de Canarias

pantallas2
As pantallas foron protagonistas no carnaval tradicional de Canarias

Hoxe domingo regresaron os rapaces e rapazas anteláns que fixeron desfrutar da nosa tradición aos canarios

Como resposta o convite que o Cabildo de Teguise –na illa de Lanzarote– lle fixera á Concellería de Turismo do Concello de Xinzo de Limia para que as mascaras tradicionais limiás –as pantallas– participaran no seu Carnaval, o pasado venres desprazáronse ao arquipélago insular un grupo de dez pantallas e un cuarteto de gaiteiros.

Os canarios pretenden con esta iniciativa poñer en valor o carnaval tradicional de Lanzarote, que decaeu en favor dos grandes desfiles e espectaculos que constitúen importantes reclamos turísticos nesta altura do ano. O carnaval de Lanzarote conta, como o ourensán, con moitos e moi variados personaxes característicos e "ancestrais", que teñen na sua indumentaria elementos semellantes ás nosas pantallas ou a outras máscaras galegas. Destacan os buches, que levan nas máns vexigas ou "buches" de peixe.

Outros elementos comúns son as campaniñas ou cencerros na cintura ou en bandolera; as capas con cintas; polainas e incluso calzóns e camisola branca. Ademais, todas cubren a cabeza con chamativas máscaras.

Hoxe domingo regresaron os rapaces e rapazas anteláns que fixeron desfrutar da nosa tradición aos canarios e seguro que a moitos turistas que andaran a pasar o inverno por aquelas latitudes.

Eles tamén desfrutarían neste viaxe da hospitalidade dos isleños, da gastronomía, do clima e da festa, prolongando así o Entroido de Xinzo unha semana máis.