Papá Noel, xa estivo en Xinzo

629
Papá Noel, xa estivo en Xinzo

Acompañou a Delegada da Xunta, Marisol Díaz a Galiña Azul

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou esta mañá a escola infantil ‘Antela’ con motivo das actividades navideñas que se están a desenvolver nos centros da rede autonómica A Galiña Azul dependentes da Consellería de Política Social. A máxima representante do Goberno galego en Ourense acompañada da xefa territorial de Política Social, María José Fernández Laso, e do director da gardería, José Manuel Rodríguez Conde, compartiu un dos actos máis entrañables programados por esta gardería neste Nadal: a visita de Papá Noel.

627

Foi unha xornada chea de nervios e ilusión para os pequenos que gozaron ao recibir a visita de Papá Noel, que lles entregou regalos e lambetadas, amais de escoitar os seus desexos.

Os alumnos e alumnas deste centro levan todo o mes de decembro participando en actividades asociadas ao Nadal: confección e montaxe dunha árbore feita con envases baleiros de ovos, colocación das figuras do belén, elaboración de debuxos, figuras e postais utilizando diversas técnicas plásticas e con diferentes materiais para a decoración das aulas, elaboración de galletas do nadal, entre outras. Para rematar as actividades do Nadal o alumnado desta escola infantil recibiu a visita do mítico home de vermello.

628

Actividades semellantes as organizadas neste centro da cidade ourensá repítense estes días nas outras escolas infantís da rede autonómica que funcionan na provincia. Ourense conta cun total de 26 escolas infantís de titularidade autonómica, 23 delas integradas no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e 3 pertencentes á Axencia Galega de Servizos Sociais.