Parabéns do alcalde e dos portavoces da oposición

CARNAVAL ENTROIDO EN XINZO FIGURA DE LA PANTALLA
Parabéns do alcalde e dos portavoces da oposición

A todos os veciños e veciñas por ter conseguido entre todos esta denominación Internacional para o noso Entroido

Manuel Cabas, alcalde de Xinzo quere enviar os seus parabéns a todos os limiáns e limiás. Tras anos de traballo e dificultades no camiño, este Concello coa colaboración de asociacións e veciños, todos xuntos, conseguimos que o Entroido de Xinzo sexa declarado de interese internacional. Para todos nós é un gran orgullo ter e gozar deste Entroido, o máis longo de España, o máis participativo e agora o primeiro Entroido Internacional de Galicia e o cuarto de España xunto a Tenerife, Cádiz e Águilas.

Veciños gocemos do noso Entroido e sigamos dando exemplo de hospitalidade para todos os que nos van a visitar. Enseñémoslles que o noso Entroido é moito máis que una festa , é un sentimento.

Ramiro Rodríguez, portavoz do BNG manifestou que é una moi boa noticia o recoñecemento para a nosa festa, despois de telo esperado durante tanto tempo e Ramiroque agora ten que ser compartida por todos os vecinos e veciñas. Esto ten que servir para seguir a menteñer a esencia do noso Entroido e que todo isto non sirva para que esta festa se convirta en algo, que non se pareza en nada a nosa festa e é ahí onde ten que seguir traballando o Concello.

Manuel Pérez portavoz de Xinzo Adiante manifestou a súa satisfacción persoal e en nome de todos os vecinos e veciñas, animando a seguir mantendo as manolotradicións que nosachegaron ata aquí. Felicitar a todas as persoas que traballaron para conseguir esta denominación.

Elvira Lama portavoz do PSdG-PSOE. Unha boa noticia para todos os veciños acadar este recoñecemento que servirá de promoción do noso pobo e poderá Elviraservir de pulo a nivel económico e cultural, porque a partir de agora se nos coñecerá e loxicamente visitará.