A parcela da vella retoral de Xinzo será un aparcamento
Así o confirmou o rexedor da capital da Limia, Antonio Pérez.
O solar que se atopa trala vella retoral do concello de Xinzo de Limia poderíase converter, nun futuro nun aparcamento ao aire libre que estivese regulado polo propio consistorio. O alcalde da vila limega, Antonio Pérez, confirmou que existen nestes intres importantes e avanzados contactos coa Diócese de Ourense –propietaria da parcela– para que se lle poida dar un uso máis proveitoso do que actualmente ten –ningún–.
Facilitaríase o acceso á Estación de Autobuses da localidad, próxima ao solar en cuestión.
Segundo afirmou o rexedor, isto "podería axudar a solventar algúns do problemas de aparcamento do centro da vila, especialmente na zona do casco vello". Así mesmo, esta acometida facilitaría o acceso á Estación de Autobuses da localidad, próxima ao solar en cuestión.
A superficie sobre a cal se está a negociar coas máximas instancias eclesiásticas provinciais, atópase entre a Rúa da Igrexa e a Rúa Xavier Prado Lameiro, e converteríase no meirande "parking" da zona centro da cidade –outros coma o do Toural atópanse máis alonxados–.