Parece que as cousas comezan a dar a volta en Xinzo, para mal

03.03.21
Parece que as cousas comezan a dar a volta en Xinzo, para mal

5 positivos novos en tres días

Rematábamos o mes de febreiro coa cota máis baixa de positivos dende facía moitos meses, e en tan solo 3 días os positivos subiron de 4 a 9 persoas contaxiadas.

Ademais, Sanidade e Política Social informan hoxe dun brote de 7 casos de covid-19 na residencia Santa Mariña, todos usuarios, vacinados e sometidos a cribados semanais.

É o primeiro brote na residencia dende o inicio da pandemia.