Parece que a o (os) incendiarios aínda lle pareceu pouco

incendio de Casás
Parece que a o (os) incendiarios aínda lle pareceu pouco

Volven a prenderlle en Casás-Faramontaos- Xinzo

Volven a prenderlle en Casás-Faramontaos- Xinzo

As 18 horas volveron a saltar as alarmas na subida ó Cabreiro por un incendio, ainda nos seus comenzos. Lóxicamente a cousa non ía a ser importante, posto que aínda non pasaran 48 horas que ardera.

incendio de Casás2Ata o lugar desprazaronse duas brigadas de Medio rural de Xinzo e sofocarono en poucos minutos.

DESPLIEGUE DE GARDA CIVIL

O que parecía excesivo era o despliegue de axentes da garda civil. A explicación deuna Antonio Pérez, Alcalde de Xinzo, que xa se atopaba no lugar.

Parece ser que hai indicios de que os lumes desta zona foron intencionados, pois en dous deles viuse un coche de determinada marca e cor. As pistas parece que andas moi avanzadas e a garda civil xa ten moitos datos.

MAÑA(Mércores), ROLDA DE PRENSA NO CONCELLO DE XINZO

Mañá as 11 horas está convocada unha rolda de prensa no Concello de Xinzo no que os catro alcaldes da Limia, Cualedro; Trasmiras; Baltar e Xinzo, afectados polo incendio do domingo, farán unha valoración de danos mostrando un amplo material fotográfico sobre o mesmo.