O Parque de Bombeiros de Xinzo máis preto de recibir o novo camión-escaleira

bomberos
O Parque de Bombeiros de Xinzo máis preto de recibir o novo camión-escaleira

A empresa encargada comezará a fabricar o vehículo en dez días

A demanda foi escoitada e o Parque de Bombeiros de Xinzo contará cun camión-escaleira nos vindeiros meses. O consorcio contra incendios reuniuse esta mañá cos alcaldes da comarca e xuntos deron o si a posta en contrucción do novo vehículo. Este camión estará dotado dunha escaleira de 32 metros e así , en caso de que fora preciso, poderase dar solución a problemas en cuartas e quintas alturas, incluso en sextas alturas.

Esta era unha reivindicación constante da man do alcalde de Xinzo, onde está o parque de bombeiros, pois de producirse algún risco en alturas no casco urbano non había medios suficientes para solventalo.

A inversión que supón facer este camión-escaleira é asumida pola Xunta, a Deputación de Ourense e os concellos que forman parte do Consorcio contra incendios e salvamento de A Limia.