martes. 30.05.2023

    As instalacións do parque do Toural de Xinzo non se atopan en bo estado. Dando unha volta pola zona podemos ver os destrozos como o deste cabaliño de madeira roto e o conseguinte perigo que supón que un cativo se achegue para xogar con el. 

cabalo malo

O xogo de escalada ten as cordas soltas e si un neno ou nena se aventura a subir por el corre o risco de que se rompan e caer ó chan.

escalada

Por outra banda a maioría das randeeiras estan incompletas e a solución para as que romperon foi enroscalas no resto da estrutura.

columpios

Os usuarios e usuarias da zona están cansos de que o Concello non tome medidas e procedan a solucionar os desperfectos causados nas instalacións. Cando fai bo tempo é común que moitos cativos e cativas se acheguen ata o parque para xogar. Así as cousas a zona que debería ser un espazo para que gozaran os máis pequenos, convértese nunha zona perigosa para o xogo infantil.

Fai dous meses este xornal facíase eco das queixas dos veciños e veciñas que acoden con frecuencia a esta zona. De tódolos desperfectos que recolleron as nosas fotografías, tan só se procedeu a instalar unha táboa na estrutura metálica do que antes era un banco.

 bancos

O resto de danos segue vixente e nalgúns casos aínda se acentuaron máis. 

Comentarios