Un partido de fútbol "a prol da igualdade"

Cartaz anunciando o evento.
Un partido de fútbol "a prol da igualdade"

O CDR O Viso, o Concello de Xinzo, a Cruz Vermella e o Centro de Información á Muller únense para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia cara as Mulleres

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, sito na localidade de Lodoselo (Sarreaus) organiza, en colaboración coa Cruz Vermella o Centro de Información á Muller e o Concello de Xinzo de Limia, o II Partido "A prol da igualdade" para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia cara as Mulleres. Terá lugar o día 26 pola tarde no Pavillón de Deportes de Xinzo de Limia e os equipos estarán formados por homes e mulleres.

As inscricións para participar poderán formalizarse de xeito individual no Centro de Información Xuvenil (CIX) da Limia. O horario da cita determinarase en función dos partidos de liga locais.

Así mesmo, o CDR prepara accións e eventos nos centros educativos, tanto de educación primaria coma de secundaria, para concienciar ao estudantado sobre a lacra da violencia de xénero. A maiores, tamén ultima actividades na rúa para toda a comunidade, para as que conta coa colaboración da Concellería de Cultura de Xinzo.