O paseo do río será arranxado e ampliado

paseo Limia
O paseo do río será arranxado e ampliado
CHMS e Concello acometerán os traballos

O presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, percorreu a zona na que se actuará acompañado da alcaldesa, Elvira Lama e os concelleiros de Medio Rural, Amador Díaz, e de Urbanismo, Ramón Gómez.

O Concello de Xinzo e a Confederación Hidrográfica Miño Sil acordaron sobre o terreo que os traballos para a mellora e ampliación do paseo fluvial do río Limia comezaran á volta das vacacións estivais, no mes de setembro.

O presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, e a alcaldesa, Elvira Lama, xunto co tenente alcalde e concelleiro de Medio Rural, Amador Díaz, e o de Urbanismo, Ramón Gómez, percorreron a zona na que se levará a cabo a actuación. O mes de setembro é a data que se marcou no calendario para comezar os traballos de redacción do proxecto para o acondicionamento e a ampliación da senda ao seu paso polo centro da vila.

Neste sentido, e no que respecta a ampliación e mellora do paseo do río Limia, preténdese actuar no tramo xa existente entre a ponte de Lamas e a estrada de Baltar, acondicionándoo, ademais de construír un novo paseo pola outra beira do río, de tal maneira que se xerará un circuíto duns 6 quilómetros.