Un paso máis para o proxecto da fábrica de aditivos alimentarios no polígono de Xinzo

Pleno 15.02
Un paso máis para o proxecto da fábrica de aditivos alimentarios no polígono de Xinzo

O pleno do concello de Xinzo celebrou hoxe un pleno extraordinario cuxo único punto

da orde do dia era a rebaixa do 95% nas taxas á empresa EOLIMIA

Co informe favorable , por unanimidade da comisión informativa da concellería de Turismo , comercio , promoción económica e facenda, o pleno , aprobou tamén por unanimidade a rebaixa do 95% das taxas municipais á empresa EOLIMIA en relación ao proxecto básico para a construción da planta de aditivos alimentarios a partir da pataca.

Tódolos concelleiros avogaron para que outras empresas poidan seguir o mesmo camiño para instalarse no polígono industrial de Xinzo , creando desta maneira postos de traballo.