As Patacas Ama móvense dunha punta a outra en España

Patacas Ama. Noa Díaz.
As Patacas Ama móvense dunha punta a outra en España
"Estamos en ALiMAGRO porque queremos seguir impulsando a pataca desta comarca" di Amador Díaz

Patacas Ama é unha empresa xa consolidada no mercado que dende o 2014 fai venta online e chegan a todos os puntos de España. "Estamos en ALiMAGRO porque queremos seguir impulsando a pataca desta comarca" di Amador Díaz, ademais tamén comenta que "Sempre fas algún contacto positivo nas feiras".

O máis lonxe que chegan é a Francia, porque un cliente do País Vasco leva esa mercancía a Francia, e a Cádiz. Por outra banda o punto máis próximo sería Xinzo.

A campaña deste ano de Ama vaise ver mermada polas temperaturas tan altas que se sucederon durante o verán e no stand expóñense as primeiras patacas recollidas deste ano.

Amador, é teniente alcalde, organizador da feira e tamén promotor da mesma. No seu programa electoral, a feira era unha cuestión a abordar. Así, Amador di que a sensación deste primeiro día é boa "creo que a feira está medrando, que a maquinaria vai sendo máis, e a nivel de promoción vai ser interesante".

Respecto á promoción fala da tortilla xigante que se degustará hoxe, que xera gran expectación, así como o revuelto do domingo. "Ao final creo que se responde a que vai ser un éxito como promoción da pataca" apunta Amador.

Sobre a maquinaria explica que "a maquinaria é de dez, non se ven noutras feiras en cambio veñen aquí a Xinzo".