Patricia F.S
2 de agosto de 2016, 16:21
As instalacións municipais do pavillón e a piscina climatizada de Xinzo permanecerán pechadas na primeira quincena de agosto. O motivo é que se van acomerter labores de limpeza xeral tal e como comunicaron dende o Concello.
Os traballos van consistir na limpeza e encerado da pista xeral do pavillón e o tratamento de auga e posta a punto da piscina climatizada.