viernes. 07.10.2022

    Xinzo xoga pola igualdade entre homes e mulleres. O CDR O Viso, Cruz Vermella e o Centro de Información á Muller, organizan un partido de fútbol sala a prol da igualdade. A cita deportiva será o próximo día 26 no pavillón de deportes a partir das 20h, e nel xogarán grupos mixtos.

Calquera pode anotarse ata cubrir prazas no CIX da Limia, na Praza Maior,  chamando ó 988 46 15 71 ou enviando un correo electrónico a [email protected] As inscricións poden facerse ó longo desta semana ata que se formen dous equipos.

Esta actividade xunto con outras, levaranse a cabo para conmemorar o Día Internacional da Violencia contra a muller que ten lugar o 25 de novembro.

 

Comentarios