Pechou as portas a primeira feira da pataca de Xinzo

Portada clausura feira concello
Pechou as portas a primeira feira da pataca de Xinzo

Todos os concelleiros da corporación local participaron no último souw cooking no stand de AGACAL

Ás seis da tarde todos os concelleiros da corporación municipal de Xinzo estaban convidados a última degustación dás que se levaron a cabo na caseta que a Xunta de Galicia tivo na Feira da man de AGACAL, no cal os munícipes saborearon 3 tapas, unha delas de prostre elaborados como elemento principal a pataca e acompañada por produtos amparados por denominacións de orixe ou IXP de Galicia.

Desta maneira a corporación quixo facer patente o apoio de todos os grupos a esta feira da cal se espera que continúe o ano que ven.

Pataca de entrante, primeiro, segundo e sobremesa

clausura 2clausura 1

José Manuel Mallón, chef encargado das degustacións que estivo acompañado todos os días por Álvaro Campos, ofreceu no último “pase” un repaso por algunha das tapas feitas nos días anteriores.

De primeiro unha pataca en reixa con sal de oliva negra. Para continuar ofreceulle aos munícipes e ao público que puido conseguir praza Croquetas de pataca con castaña, tendo en conta que nin levaba ovo, nin fariña nin leite.

O seguinte pincho foi de pastel de pataca con xamón e a continuación tenrreira estofada con pataca cocida ao forno.

Como prostre tiveron os convidados flan de pataca acompañado do que o chef denominou pedras da Limia, feito con patacas e chocolate branco e xunto con patacas frita con baño de chocolate e semilas de xirasol e cabaza.

Todas as explicacións do cociñeiro foron seguidas con moita atención e finalizada a degustación a maioría seguiron con preguntas sobre algún dos trucos que explicara durante a degustación.

Todos os produtos empregados na degustación teñen D.O. ou están amparados por unha IXP de Galicia.

Clausura 3

Grupo de visitantes e expositores despedíndose ata o ano que ven