14 de febrero de 2023, 20:37
A Corporación Municipal presidida por Elvira Lama celebrará mañá a partir das nove da maña a súa penúltima reunión ordinaria antes de que remate esta lexislatura.
Na orde do día entre outras cuestións aprobase o convenio o entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, O.A. e o Concello de Xinzo de Limia para o financiamento, execución e entrega das obras de "ELIMINACIÓN DE VERTIDOS E MELLORA DA MOBILIDADE NAS MÁRXENES DO RÍO LIMIA NO TRAMO URBANO DE XINZO DE LIMIA (OURENSE).
Tamén se levará a aprobación dos edis o expediente de honra a CRISTINA MARGUSIÑOS FRAMIÑÁN.
Como en todas as sesións ordinarias, esta finalizará cos rogos e preguntas por parte do grupo de oposición o PP.