As piscinas abrirán de cara á fin de semana

piscinas1
As piscinas abrirán de cara á fin de semana
Onte empezaron xa as tarefas de enchido do vaso da piscina, que rematarán ao longo do día de hoxe, polo que xa só quedarían as análises de Sanidade.

Os traballos de substitución do pavimento da zona de praia das piscinas municipais chegaron ao seu fin despois de acumular varios retrasos por parte da empresa contratada.

Onte empezaron xa as tarefas de enchido do vaso da piscina, que rematarán ao longo do día de hoxe, polo que xa só quedarían as análises de Sanidade para a súa apertura, que o goberno agarda que se produza de cara á fin de semana.

Estas obras, adxudicadas no mes de abril cun prazo de execución dun mes e que por motivos alleos ao Concello de Xinzo sufriron demoras, supoñen unha inversión de preto de 48.000 euros.

As condicións meteorolóxicas das últimas semanas, unhas altas temperaturas que agretaron o pavimento e logo coas chuvias, non axudaron. En calquera caso, coa esta actuación mellorase a seguridade dentro das instalacións, evitando as caídas que se producían co anterior pavimento.

En paralelo á apertura das piscinas exteriores, a climatizada adiantará o peche que habitualmente se produce en agosto, pasando todo o seu persoal – tanto socorristas como monitores e de limpeza - a desempeñar as mesas tarefas nas piscinas de verán. Con esta decisión, sálvase a imposibilidade coa que se están atopando este ano os concellos de toda Galicia para contratar socorristas, xa que a demanda destes profesionais é moi superior á oferta. E tamén evítase a externalización da xestión e do servizo de limpeza das instalacións, como se viña facendo ata o de agora. Ademais, o custo traballadores e traballadoras, e do gasóleo dificultan a súa continuidade estes meses.

O goberno municipal pide desculpas aos usuarios da piscina climatizada, especialmente aos 104 abonados que fan uso habitual dela ao longo de todo o ano. Durante este tempo, e ata a reapertura en setembro, levaranse a cabo tarefas de limpeza, mantemento e posta a punto.