24 de marzo de 2023, 22:53
Destacan os que a coñeceron que era unha muller de carácter, traballadora, solidaria e caritativa. A súa faceta solidaria é moi relevante na historia de moitas familias do concello, pois a axuda que prestaba era esencial.

A súa bisneta Noelia, visiblemente emocionada, agradeceu a homenaxe que levou a cabo o Concello. Ao acto tamén asistiron as súas fillas Eugenia e Manuela, entre outros familiares.

Seguidamente, procedeuse a descubrir unha placa na casa onde viviu Genoneva Vázquez Calviño, na rúa Serra de Manzaneda, e onde tamén moitos veciños e veciñas quixeron estar presentes nun día tan especial.
