Plan de choque para acondicionar os espazos públicos despois de tres meses centrados en conter ao Covid-19

2
Plan de choque para acondicionar os espazos públicos despois de tres meses centrados en conter ao Covid-19

Para reforzar estes traballos e recuperar o tempo perdido nestas tarefas, o Concello contrata durante polo menos un mes a unha empresa especializada

Os traballadores das brigadas de Medio Ambiente e Obras están intensificando desde o luns os traballos de limpeza, roza, mantemento e desinfección dos parques e zonas de xogo infantís, unha vez que o decreto da Xunta de Galicia do pasado sábado, 12 de xuño, permitiu a súa reapertura.

Durante os 3 meses de confinamento, os operarios municipais víronse na obriga de abandonar as habituais tarefas de mantemento dos espazos públicos para centrarse na limpeza e desinfección intensa dos puntos críticos do municipio co obxectivo de conter o covid-19.

Agora, unha vez avanzamos cara a normalidade, as brigadas volven a retomar as tarefas de acondicionamento dos espazos de lecer para uso e goce da veciñanza, e sobre todo das crianzas e dos maiores. E para recuperar canto antes o tempo restado a estas labores para adicarllo á contención do covid-19, o goberno local acordou mobilizar a todos os efectivos das súas brigadas e incluso contratar a una empresa especializada que está a traballar con elas, baixo a coordinación e supervisión das concellerías de Medio Ambiente, dirixida por Rafael Penabad, e a de Obras, da que é responsable Ramón Gómez. En total, o operativo para a execución deste plan de choque está integrado por 15 persoas.

cats

Os traballos son dispares e van desde a reposición de elementos danados, a roza da maleza acumulada ou a limpeza do follaxe e as ramas caídas durante o inverno. Ademais, estanse a redobrar os traballos para desinfectar os aparellos das zonas de xogos infantís e biosaudables, como medida de protección e hixiene, mediante o asperxido de hipoclorito sódico disolto en auga, tal e como marcan os protocolos da Xunta de Galicia.

Seguindo igualmente os protocolos e indicacións da Consellería de Sanidade, estase a instalar sinalización informativa sobre as normas de uso destes espazos, así como a obriga de gardar a distancia persoal e usar mascarilla para os maiores de 6 anos e as recomendacións de utilizar xeles e solucións hidro-alcólicas, así como evitar o uso compartido dos xoguetes.

Dende a Alcaldía de Xinzo apelan a comprensión dos veciños e veciñas ante atraso nas labores de acondicionamento dos espazos públicos, interrompidos pola crise sanitaria e que se están a retomar coa maior celeridade posible.

Así mesmo, a alcaldesa, Elvira Lama, solicita o máximo respecto ás normas nos espazos públicos e aínda máis nos lugares de recreo, como son os parques, pola vulnerabilidade da poboación que máis os utiliza, que son os rapaces e rapazas e os maiores.