29 de abril de 2014, 23:17
Mañá reuniranse ás 20 horas na Casa da Cultura para presentar tamén as súas propostas para a campaña informativa
REDACCIÓN [email protected]Twitter: @Dendealimia
A Plataforma en Defensa do Partido Xudicial de Xinzo de Limia reunirase mañá ás 20 horas na Casa da Cultura para escoller ao seu voceiro e presentar as diferentes propostas de campaña informativa para dar a coñecer a súa labor e obxectivos entre a cidadanía, entre outros temas dentro da orde do día. Esta xuntanza permitirá tamén a incorporación de novos membros e a presentación de propostas de reunións con responsables institucionais.