Este colectivo ven de solicitar unha reunión co presidente da Deputación e os deputados provincias da Limia
REDACCIÓN [email protected] Twitter: @DendealimiaA Plataforma en Defensa do Partido Xudicial de Xinzo de Limia ven de solicitar unha entrevista co Presidente da Deputación, Manuel Baltar e os deputados provinciais representantes da comarca da Limia para tratar a posible supresión desta entidade por medio da futura Lei Orgánica do Poder Xudicial.
Manoel Anxo García Torres,Secretario Confederal de Formación para o Emprego da CIG e membro da Plataforma, foi o encargado de presentar a solicitude para que esta reunión se faga realidade. Unha reunión na que este colectivo quere tratar cos representantes provinciais os enormes prexuízos para os cidadáns e comarca da Limia, non só os derivados dos desprazamentos que deban realizar á capital da provincia pra tramitar asuntos xudiciais e civís, senón tamén os deducidos da perda da actividade económica xerada ao redor dos servizos xudiciais e civís que na actualidade se prestan na vila de Xinzo de Limia.