O pleno do vindeiro día 29 aprobará os orzamentos para 2017 en Xinzo

pLENO 26.06.2015
O pleno do vindeiro día 29 aprobará os orzamentos para 2017 en Xinzo

O proxecto de orzamentos contempla a eliminación da minoración do 7,5% que –e segundo informa o tenente de alcalde, Manuel López Casas– "de acordo ao Plan de Axuste do ano 2012 se lle viña aplicando na nómina do persoal laboral".

O vindeiro xoves, día 29 de decembro, celebrarase unha nova sesión plenaria ordinaria no Concello de Xinzo de Limia. Ao longo desta semana están a celebrarse as comisións, entre as que destaca a de Facenda. Nesta última procurarase ditaminar os orzamentos do ano 2017 que terán que ser aprobados en plano posteriormente.

O pasado martes celebrouse unha reunión da Mesa Xeral de Negociacións para analizar o capítulo 1 do proxecto orzamentario –realtivo aos gastos de persoal– e máis a amortización de 4 praza xunto coa convocatoria doutras dúas para o corpo da Policía Local. Tamén se informou nesta xuntanza de que o proxecto de orzamentos contempla a eliminación da minoración do 7,5% que –e segundo informa o tenente de alcalde, Manuel López Casas– "de acordo ao Plan de Axuste do ano 2012 se lle viña aplicando na nómina do persoal laboral". Até agosto do pasado ano 2014, esa minoración era do 15,11%. Estas medidas foron aprobadas por unanimidade polos representantes dos traballadores públicos. Agora será o plenario o que deberá dar a aprobación definitiva aos orzamentos locais, onde non haberá sorpresas debido á maioría absoluta que conforman o Partido Popular máis do rexedor –agora independente– Antonio Pérez.