Pleno de estreas e con moito consenso

Instantánea - 256
Pleno de estreas e con moito consenso

Carlos Gómez, como portavoz e Manuel Cabas, presidindo o seu primeiro pleno ordinario

Na mañá de onte (luns 17) Manuel Cabas presidía o seu primeiro pleno ordinario como alcalde e a súa dereita sentábase Carlos Gómez, como portavoz do grupo de goberno.

Todas as propostas levadas polos distintos grupos e polo de goberno foron aprobadas por unanimidade agás a do grupo dos socialistas referente a doazón das dietas dos dous plenos extraordinarios anteriores. Os Socialistas propuñan que non se cobraran e que se doaran a partes iguais esas dietas (5.000€) a dúas asociacións Limisi e Algaria.

Esta proposta xa deu pe a un informe da secretaría na que se pronunciou en contra, porque segundo este organismo asesor, a lei non permite esas doazóns, porque as dietas son de cada concelleiro. En todo caso cada un podería despois de recibilas, facer o uso que estime oportuno.

RIFIRRAFE ENTRE OS MEMBROS DA OPOSICIÓN

Instantánea - 257Aínda co informe en contra a portavoz socialista Elvira Lama, argumentou que noutra ocasión xa se fixera desa maneira e que foi legal, polo que insistía en que eses cartos foran parar directamente as arcas” moi necesitadas” das dúas asociacións.

Tomaron a palabra os membros dos outros grupos da oposición para amosar as súas propostas, non estando para nada de acordo co manifestado nos medios, mediante nota de prensa, por Elvira Lama, na que viña a lamentar a falta de sensibilidade polos seus compañeiros de corporación.

Nagoberno quenda de palabra dos portavoces da oposición e do gobernó, cada un expuxo os seus argumentos contrarios a opinión da Sra. Lama, chegando en algún momento a mostrar un malestar, no caso do portavoz de Xinzo Adiante, por dubidar da súa sensibilidade e do seu altruísmo.

O portavoz de BNG, Ramiro, dixo que el doaría as dietas a asociación que el e o seu grupo decidirán, e por suposto que o anunciarían aos medios de comunicación. Pola súa banda o portavoz do PP, Carlos Gomez, tamén argumentou que non dubidada e tiña constancia da xenerosidade de tódolos presentes, pero que esa era unha cuestión persoal de cada membro da corporación.

Instantánea - 258Tódolos demais temas e propostas da oposición incluída a moción conxunta referente a mostrar o seu apoio a solicitude presentada polo colectivo de mulleres que padecen Endometriosis foron aprobados por unanimidade . Tamén foi aprobado por tódolos o convenio de colaboración entre la Xunta, a Fegamp, e Seaga para un sistema público de xestión de biomasa.

Varias foron as peticións dos grupos da oposición en canto a solicitude de arranxo , tanto da A-52, como da 525 ao seu paso por Xinzo, que foron tomadas en conta pola alcaldía para a súa remisión ao Ministerio de Fomento, solicitando o arranxo inmediato.