Pleno extraordinario no concello de Xinzo, con todos os concelleiros de novo no salón de plenos

Pleno Xinzo 14.05.21
Pleno extraordinario no concello de Xinzo, con todos os concelleiros de novo no salón de plenos

Aprobouse unha modificación de créditos cos votos a favor do grupo de goberno e a concelleira non adscrita Montse Lama, e cos votos en contra dos concelleiros do PP.

Dous puntos da orde do día, a de modificación de crédito suplemento de crédito financiado con superávit e incorporación de remanente financiada rt e o expediente 2568/2021. recoñecemento extraxudicial de crédito para pago de facturas eran a “priori” os que ían a ter mais discusión como así foi.

O grupo de goberno aprobou os dous puntos co apoio tamén da concelleira non adscrita Montse Lama e votando en contra os concelleiros do PP.

O concelleiro de Facenda Perez Campos e a alcaldesa defenderon a legalidade das propostas explicando en que se van a investir os cartos (765.117 €) en novas obras ( 325.000 euros), mentres que aumenta en 18.000 euros a partida para iniciativas culturais e na mesma cifra para outras de carácter deportivo.

No segundo punto conflitivo aprobouse un crédito por importe de 168.507 euros para o pago de facturas de gasto corrente de exercicios pechados dun total de 49.057 euros.

A rexedora, Elvira Lama, explicou que esta modificación de crédito é necesaria pola gran cantidade de obras, servizos e axudas que se están a poñer en marcha en Xinzo. Neste sentido, destacou que esta medida cumpre a lei ao permitir o Ministerio de Facenda aos concellos incorporar superávit e remanente de tesourería: “O noso obxectivo é ofrecer aos veciños mellores infraestruturas e mellores servizos. Necesitamos recursos extra para cubrir as necesidades que reclaman”. Tamén recalcou que “existe neste goberno local un traballo incansable”.

Parcela sobrante na pista Sitibal

Por unanimidade saiu adiante o expediente de declaración da parcela sobrante na pista Sitibal, que unha vez sexa elevada a definitva procederase á segregación e allanamento directo aos propietarios lindeiros das parcelas, o que representará un ingreso patrimonial para o Concello de Xinzo de Limia que deberá ser destinado a inversión.