Pleno extraordinario cunha proposta unánime de todos os partidos

Pleno 29.12.20
Pleno extraordinario cunha proposta unánime de todos os partidos

Solicitar da Deputación Provincial de Ourense, da Xunta de Galicia e do Goberno de España partidas económicas destinadas ao Concello para gastos derivados da situación creada pola Covid-19.

Mañá ás 10:30 a corporación municipal reunirase nunha sesión extraordinaria para aprobar unha proposta para solicitar axudas e para toma de medidas extraordinarias pola pandemia.

PROPOSTA CONXUNTA DOS GRUPOS POLÍTICOS CON REPRESENTACIÓN NA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE XINZO DE LIMIA

Dende o pasado dia 1 de xaneiro cando a cifra de casos activos era de 39 e ao longos desta ultimas semanas a cifra non deixou de medrar e temos, a día de hoxe, máis de 200 casos activos de COVID-19.

A preocupación polos datos en aumento levou e este equipo de goberno a solicitar das autoridades competentes un cribado sobre a poboación do concello de Xinzo coa finalidade de detectar asintomáticos, cribado que se levou a cabo o pasado sábado que destapou 70 novos positivos maioritariamente de Xinzo, de un total de 2.815 probas realizadas.

Con estes datos e tendo en conta que nos vindeiros dias o número seguirá en ascenso, non podemos esperar máis para tomar as medidas sobre as que temos competencias e recomendar á poboación que reduza ao máximo as interaccións sociais, recomendando que só saian dos domicilios para o máis necesario. Do mesmo xeito, e nun intento de rebaixar a mobilidade, tamén recomendamos que os comercios polo miúdo adianten o horario de peche á mesma hora que pecha o sector da hostalería, en solidariedade e colaboración con este e para reducir a mobilidade da poboación.

Reducir a mobilidade e poder frear a cadea de contaxios é o principal obxectivo diante da situación sanitaria do concello. Debemos contribuír a rebaixar con elo a presión sobre a atención primaria e sobre os hospitais, para que diminúa o numero de ingresos e posibles vítimas.

Sabemos que todas estas medidas teñen un grave impacto negativo nos distintos sectores da economía do concello, e para elo é necesario contar con axudas directas para paliar os efectos da falta de actividade a pleno rendemento, para que as perdas sexan menores e moitos comerciantes e empresarios non teñan que pechar.

Este concello xa puxo en marcha medidas de apoio ao sector comercial, hostaleiro e de servizos, e seguiremos a incrementas as axudas na medida das posibilidades do orzamento municipal, sometido a informe do Ministerio de Economía e Facenda, pero pensamos que aínda serán necesarios máis recursos adicionais de outras administracións.

Diante a gravidade da situación pola que está a pasar o noso concello e por todo o exposto anteriormente sometemos a aprobación os seguintes

ACORDOS

  1. Habilitar nos vindeiros orzamentos municipais para o ano 2021 todos os recursos posibles para axudar aos sectores afectados polos peches, limitacións e restricións horarias.
  2. Solicitar da Xunta de Galicia que se estude a elevada taxa de incidencia do Concello de Xinzo e da comarca e que continúen adoptándose todas as medidas que foran necesarias para protexer a saúde dos veciños e veciñas.
  3. Solicitar da Deputación Provincial de Ourense, da Xunta de Galicia, e do Goberno do Estado liñas de axudas directas a os distintos sectores da economía do noso concello, nomeadamente hostalaría, comercio local, e agricultura entre outros.
  4. Solicitar da Deputación Provincial de Ourense, da Xunta de Galicia e do Goberno de España partidas económicas destinadas ao Concello para gastos derivados da situación creada pola Covid-19.
  5. Dar traslado deste acordo á Xunta de Galicia, ao Goberno de España e a Deputación provincial de Ourense.
  6. Dar traslado do presente acordo ósConcellos da Comarca da Limia, por si quixeran formular solicitudes en termos similares.