Pleno extraordinario e urxente en Xinzo

Pleno extraordinario e urxente en Xinzo

Convocarase despois da reunión de portavoces desta mañá

Para esta mañá esta convocada unha reunión de portavoces dos grupos políticos que conforman a corporación de Xinzo para convocar un pleno extraordinario e urxente no que se analice a situación actual, no referente aos números da pandemia e as medidas que se poden tomar, dende o propio concello, e aquelas que se poidan solicitar a outras administracións, que están na mesma situación epidemiolóxica que o de Xinzo, e que xa foron adoptadas.

RENUNCIA ÁS DIETAS

Tamén na reunión se tomará previsiblemente a decisión unánime de renuncia as dietas que lle corresponderían pola presencia na reunión plenaria.

Parece que a renuncia vai a ser acordada por todos os grupos, o problema xurde, como en veces anteriores, de que si renuncian a cobrar, eses cartos quedan no concello, pero a intención dos munícipes é de aportar eses emolumentos a algún banco de alimentos ou asociación que empregue eses cartos en axudas aos máis necesitados. O problema xurde coa legalidade deste acordo, que o concello non pode empregar eses cartos para outra cousa que non sexan dietas, polo que serían os concelleiros os que terían que cobrar e despois doar cada un individualmente eses cartos.