Pleno de mocións o día 15 as 11:00

Pleno de mocións o día 15 as 11:00

Todos os grupos presentan mocións

López Casas, alcalde de Xinzo, adiantou hoxe os puntos que se van a tratar no pleno ordinario a celebrar este venres as 11:00, que sería o correspondente a fin de mes.

Onte tiveron as xuntanzas correspondentes das comisións pertinentes e parece ser que as mocións presentadas polos distintos grupos, tanto do goberno como da oposición, van a ser aprobadas por unanimidade.

O grupo Socialista levará o mesmo para a ampliación parque empresarial Xinzo de Limia , a cal o grupo popular apoia.

Informa o alcalde que xa contrataron o equipo de valoración dos terreos para negociar cos propietarios antes de expropiar.

Tamén presentan outra moción con respecto á Lei de accesibilidade de Galiza. Algalia presentou reivindicacións puntuais e actuacións globais para que se adapte a mobilidade, para que se rebaixen beirarrúas e se fagan máis seguros camiños escolares.

Neste eido o alcalde puxo en coñecemento que chegaron felicitacións dende a Xefatura Provincial de Tráfico, pois é unha iniciativa que está sendo copiada por outros Concellos.

Xinzo Adiante presenta unha moción para que se fagan prospeccións das augas no subsolo da Lagoa, porque segundo un estudo do ano 78 tiñan propiedades termais, xa que apareceron augas con altas temperaturas e un caudal afluente, o que permitiría a saída da auga a superficie a unha temperatura dunhos 20º-25º centígrados. Pídeselle a Consellería de Industria faga un estudo da termalidade da auga pois sería un ben de interese turístico comarcal. O Acuífero da Lagoa comprende varios Concellos, polo que habería que chegar a un consenso.

As mocións do grupo Popular xa as coñecemos dende hai tempo, entre as cales están cesión de titularidade municipal a Deputación provincial de Ourense das estradas que dende A Lomba Soutelo de Ribeira cunha lonxitude de 5 km, e o vial que vai dende O Cabreiro a Gudín, cunha lonxitude de 2,5 km. O motivo da moción basease en que o Concello de Xinzo, con medios propios, realiza traballos de conservación nos viais municipais, pero nos últimos tempos e debido ao incremento de tránsito de vehículos pesados este mantemento require unha maquinaria da que o Concello carece.

Outra das propostas que se levarán ao pleno e o ofrecemento por parte da Xefatura Provincial de Tráfico para que esta asuma os servizos que non pode prestar o Concello de Xinzo. Os servizos son principalmente competencias de vixilancia, control, sancións e denuncias en horario nocturnos, que por falta de efectivos a Policía Local non pode realizar. Non se refire a vixilancia cidadá, senón en caso de accidente o suceso acudan a prestar estes servizos.