Pleno ordinario despachado en pouco máis de 15 minutos

pleno 10.03.22
Pleno ordinario despachado en pouco máis de 15 minutos
Aprobada por unanimidade a subida do imposto de plusvalía

Todos os puntos da orde dodía e todas as mocións foron aprobadas por unanimidade de todos os partidos presentes e representados na sesión plenaria celebrada esta mañá en Xinzo.

O plenario ratificacou a prórroga de contrato baseado no acordo marco para a contratación do subministro de electricidade, en alta e baixa tensión, a través da Central de Contratación da FEMP. Este punto tamén foi aprobado na sesión plenaria. No 2021 o Concello de Xinzo de Limia aforrou máis de 14.000 euros ao mes coa compra de electricidade a través desta vía e prevese que que no 2022 o aforro sexa de entre 6.000 e 7.000 euros mensuais polo encarecemento da enerxía.

COLABORACIÓN CO CONSELLO DE SANDIÁS

Outro dos puntos salientables foi a ratificación do convenio de colaboración entre os Concellos de Sandiás y Xinzo de Limia para realizar obras de pavimentación no coñecido como Camiño das Aforadas. Trátase dunha vía empraza entre a N-525, no límite do municipio de Xinzo, e a estrada de Celanova. Segundo o edil de Urbanismo, Ramón Gómez, as obras permitirán mellorar o firme, moi deteriorado polo tráfico de vehículos pesados nunha zona na que hai varias empresas agrícolas.

Tamén saíu adiante a aprobación provisional da modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre o incremento de valor de terreos de natureza urbana.

Para poder ver a sesión completa prema aquí