Pleno ordinario do concello de Xinzo

Nova corporación de Xinzo
Pleno ordinario do concello de Xinzo

Xoves 15 ás 09:30

Xinzo leva a pleno a aprobación definitiva do orzamento para 2021, co capítulo de inversión máis alto da historia.

O presuposto do 2021 de Xinzo de Limia terá o capítulo de inversión real máis elevado da historia, case un millón de euros, e a súa aprobación levarase ao pleno previsto para este xoves, ás 9:30 horas. O orzamento ascende a 8.000.000 de euros en canto ao capítulo de gastos e a 8.476.000 no capítulo de ingresos. A diferenza entre ambas cantidades responde ao plan de axuste ao que está sometido o Concello debido á delicada situación económica na que se atopaba. Neste sentido, o Ministerio de Facenda fixo a recomendación de reducir un 3% os gastos de persoal e corrente.

No que se refire ao capítulo de inversión real, este ascendería a un total de 962.750 euros. A esta cantidade sumaríanse as axudas para asociacións e entidades ou ao fondo de continxencias. O goberno local manifestou a súa intención de aprobar cantas modificacións de crédito sexan necesarias para habilitar axudas que palien os efectos da crise que se vive na actualidade. Este orzamento xa foi aprobado inicialmente na sesión do pasado 25 de febreiro, cos votos favorables de todos os partidos con representación na corporación municipal, agás o Partido Popular.