Pleno ordinario do concello de Xinzo

Pleno extraordinario xullo 2021
Pleno ordinario do concello de Xinzo
Mañá ás 13:00 na casa consistorial, con participación dos concelleiros presencialmente e a distancia

Na sesión plenaria de mañá tamén se prevén aprobar os festivos locais do 2022, que serán o martes de Entroido e o 18 de xullo, día da patroa, Santa Mariña. A sesión comezará á unha da tarde e se admite a participación a distancia dos concelleiros. Os cidadáns poderán seguilo en directo a través da páxina de Facebook. Na orde do día tamén se inclúen os expedientes para a ratificación da aceptación das sete subvencións concedida polo Goberno central para a substitución de 4.610 luminarias vellas do concello por outras con tecnoloxía LED, co que se prevé aforrar un 70% dos case 258.500 euros da factura da luz anual.

Ademais, se debaterán tres mocións do Partido Popular en relación á asignación de recursos do programa Next Generation para as iniciativas ligadas ao ámbito da mobilidade sostible en concellos de menos de 50.000 habitantes; o apoio ao Xacobeo 2021-2022 e á baixada do prezo da electricidade.

Tamén está prevista a aprobación definitiva da conta xeral do 2020.

Como todos osplenos ordinarios, o último punto na orde dodía será a de rogos e preguntas por parte da oposición.

ORDE DO DÍA DA CONVOCATORIA