De puro trámite poderíase denominar o último pleno do ano para os concelleiros de Xinzo, posto que a orde do día solo leva a Modificación da ordenanza fiscal da taxa reguladora do servizo do mercado de abastos e rogos e preguntas, que no último pleno do ano e dadas as datas en que estamos, non sole ser de moito conflito.
Decimos que sería de puro trámite se non fose que no punto nº 1 da aorde, leva a aprobación dun expedente de honra con entrega de medalla o subcampeón do mundo de debate universitario, que non é outro que o director deste xornal “Iván Olmos Ferreiro”.
Segundo nos informan unha vez rematado o pleno nun acto solemne seralle entregada a medalla e rubricara no libro de firmas do Concello.