domingo 24/10/21

Pleno ordinario en Xinzo

O venres 11 de xuño  ás 09:30 h.

Pleno 29.12.20
Pleno 29.12.20(Foto arquivo)

Nova sesión ordinaria da corporación municipal de Xinzo, neste caso a pertencente ao mes de xuño.

Esta vez a convocatoria non admitirá participación a distancia, co que os edis deberán ter presenza física no salón de plenos.

A orde do día na súa parte resolutiva é a seguinte:

1.Aprobación da acta da sesión anterior

2.Expediente 2644/2021. Moción do Grupo Municipal Popular para instar ao Goberno Central a retirada do plan de cobro polo uso das autovías

3.Expediente 2406/2021. Moción do Grupo Municipal Popular para solicitar melloras no Servizo de Correos

4.Expediente 2889/2021. Solicitude de recoñecemento de compatibilidade con actividade privada do traballador do cadro laboral, Jorge Luís Gómez Yáñez, Informático

5.Expediente 1541/2021. Modificación do Anexo de subvencións do orzamento 2021

6.Expediente 2992/2021. Modificación Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa pola ocupación de terreos de uso público con postos de venda, barracas, espectáculos e outros análogos

7.Expediente 3051/2021. MC 09 suplemento de credito a cargo remanente positivo subvencións lixo e custe de servizo

Como último punto da orde do día, tratandose dun pleno ordinario, será o capítulo de rogos e preguntas.