A policía local estrea dous coches

A policía local estrea dous coches

Un todoterreo JEEP e un SEAT adaptado

As doce e media desta mañá de venres, os policías locais que se encontraban de servizo e os que se acercaron ata o concello recibiron xunto co Alcalde Antonio Pérez e a concelleira da que depende o corpo nesta lexislatura Teresa Puga.

En primeiro lugar foron os políticos os que se achegaron os novo vehículos e logo foi o sarxento do posto o encargado de revisar que os novos vehículos cumpren con todas as cláusulas do contrato.

NOVOS COCHES POLICIA LOCAL4LEASING POR CATRO ANOS

Os novos coches que se porán en circulación hoxe mesmo, cumpren a nova normativa esixida na nosa autonomía.

Un deles e un JEEP, último modelo con tracción integral total de 4x4, que segundo comentaba o Sarxento, será utilizado máis para o medio rural.

O segundo coche está carrozado na súas traseira con un \“Kit para deteñidos\”. Este coche será o utilizado prioritariamente para servizos urbanos.NOVOS COCHES POLICIA LOCAL3

Outra das novidades desta maneira de xestión dos vehículos é que ós catro anos serán substituídos por outros novos.Ademais os custes de reparacións e manteñemento, excepto o combustible, son por conta da compañía Autos Iglesias S.L. de Lugo que foi a que gañou o concurso público aberto para a adquisición.

Outra das particularidades é que ten a obriga de sustituir o vehículo en 24 h. no caso de avaría.