domingo. 27.11.2022

Ó S.Sebastián foi levado a ombros dos axentes da Policía Local de Xinzo  co uniforme de gala.

Aínda que a festividade do Santo foi esta semana, hoxe fixéronse as celebracións litúrxicas para celebrar o patrón da vila, S.Sebastián.

Procesión S.Sebastián2Como é costume a Policía Local, con uniforme de gala, foi a encargada de levar en andas polas rúas de Xinzo a imaxe do Santo.

Acompañaban a procesión as bandas de Gaitas e a agrupación musical da Limia , presidindo a procesión as autoridades locais encabezadas polo primeiro edil Antonio Pérez, que nesta ocasión foi arroupado pola maioría dos concelleiros do grupo de goberno e os da oposición.

Comentarios