A Policía Local tivo que “persuadir” a un grupo veciños de que non podían ir a misa

A Policía Local tivo que “persuadir” a un grupo veciños de que non podían ir a misa

A partir de hoxe mesmo comezaremos a denunciar-Xefe Policía Local

O Xefe da Policía Local de Xinzo manifestou esta mañá que a partir de hoxe mesmo van a comezar a poñer denuncias aos veciños que se salten as normas do decreto de Alarma.

Xuntamente coa Garda Civil, son os encargados de que aqueles ciudadanos que non cumplen estritamente coas normas, o fagan. Isto é moi serio. Ata esta mesma mañá os membros da Policía Local advertían aos veciños “infractores” de que non se poden facer certas cousas que se estaban a ver. Como por exemplo esta mesma mañá un grupo de veciños aos que tiveron que “disuadir” para que volvesen para as súas casas cas normas existentes organizando a maneira de voltar aos seus fogares de un en un e a distancia mínima de seguridade.

ISTO NON É UNHA PANDEREITAD, É UNHA PANDEMIA

Igrexa nova-rDesta maneira tan contundente quere facerlle chegar aos cidadáns a situación pola que estamos pasando. Temos que concienciar aos veciños de que o problema, non solo é que un mesmo se contaxie, se non que un pode contaxiar a moita xente, involuntariamente, por suposto, porque un mesmo non sabe que pode estar infestado polo virus, por iso é imprescindible acatar as normas, polo ben de un mesmo, pero tamén polo ven de todos.
Ata este momento, non temos coñecemento de ningún caso positivo no Concello. Estes son datos recollidos polos axentes este mesma mañá no centro de Saúde da vila. Son falsos todos os rumores que corrían, non polas rúas, se non polas redes, de que había varios casos. Iso a estas horas 12:30 (19.03) é falso

DA INFORMACIÓN PASARÁSE HOXE MESMO A SANCIÓN

Varias foron as “anécdotas” acaecidas estes días na Vila. Unha muller que pretendía ir de compras cos dous fillos, e a pregunta dos axentes si o seu marido traballaba, contestou que non, polo que lle “recomendaron” que voltase para a súa casa. Tamén algún que outro veciño aparece paseando ao seu can a varios Km da súa vivenda, onde fai o paseo habitual, que é o que temos que facer. O mesmo que temos que ir a farmacia máis preta do domicilio ou a de garda. Ata esta mesma mañá os axentes da Policía advertían do erro no comportamento pero a partir de hoxe mesmo comezaremos a sancionar administrativamente con multas.

Por último manifestou que tamén están axudando a información de todo tipo aos veciños a traveso do telefono de urxencias facilitado polo Concello.