A Policía Local de Xinzo asiste a un curso sobre violencia de xénero

IMG_20191029_183144
A Policía Local de Xinzo asiste a un curso sobre violencia de xénero

Durante hoxe 29 e mañá 30 de outubro

O Concello de Xinzo, xunto coa Policía Local solicitaron un curso sobre violencia de xénero para os propios policias aínda que poderán asistir persoal de servicios sociais e Protección Civil do noso Concello.

Este curso de formación é organizado pola Academia de Policía de Galicia e neste caso será un curso que se denomina “descentralizado” porque en vez de realizarse na Estrada, sede da Academia, trasládase a nosa vila a petición dos propios membros da Policía Local.

O primeiro día do curso está impartido pola avogada Pilar López Guerrero Vázquez , que ademais de ser a decana dos avogados de Ourense é a secretaria da Comisión de Igualdade do Consejo General de la Abogacía.

O horario do curso será de 4 a 8 no día de hoxe e de 10 a 14 e de 16 a 20 no día de mañá.