A Policía Local de Xinzo prepara o dispositivo para o paso da volta ciclista pola vila

bicis
A Policía Local de Xinzo prepara o dispositivo para o paso da volta ciclista pola vila

Os axentes de policía do concello de Xinzo de Limia están preparando o dispositivo especial que se vai por en marcha co gallo do paso da volta ciclista. As forzas de seguridade locais terán que encargarse de 16 puntos do percorrido, tamén formarán parte do dispositivo membros de Protección Civil.

Dende as 13.30h ata as 15.30h está cortado o tráfico pola N-525 que atravesa Xinzo e continúa cara o concello de Trasmiras. Neste tempo non se poderá circular pola vía polo que os axentes solicítanlle ós veciños e veciñas que tomen precaucións. Unha delas, usar vías alternativas a dita estrada ou mover os vehículos antes de que pase a bandeira amarela que sinaliza a chegada dos ciclistas.

O sarxento da Policía Local, Germán Bolaño, pide a colaboración de tódalas persoas para evitar imprevistos durante o paso do pelotón pola vila de Xinzo. Do mesmo xeito lémbralle os peóns que non sobrepasen a liña que marca as beirarrúas para evitar accidentes ou molestias no momento no que pasen os ciclistas.