A ponte que cruza o río Limia énchese de cadeados de amor

cadeados
A ponte que cruza o río Limia énchese de cadeados de amor

A moda, por así decilo, das parellas de amosar o seu amor pondo un cadeado nunha ponte chegou a Xinzo de Limia.

A construcción que comunica o parque do Toural coas piscinas municipais, foi o espazo elexido polos namorados para colocar as singulares pezas en sinal de amor e que van acompañadas de frases como "quérote" ou "ámote".

Uns son de maior tamaño e outros máis pequenos que case pasan desapercibidos. Se cadra o amor tamén se mide pola grandeza dos cadeados.

O certo é que é unha práctica moi común en lugares como París ou Roma. Neste último tras a publicación da novela "Tengo ganas de ti", onde os protagonistas colocaban unha destas pechaduras na Ponte Milvio, os mozos e mozas de medio mundo comezaron a imitar esta acción.

Agora as autoridades loitan por parar esta práctica pois pode resultar perigosa polo peso dos cadeados para as pontes.

No caso de Xinzo aínda non se hai que preocupar por iste feitos pois polo momento non hai unha gran acumulación dos coñecidos como cadeados do amor.