Porque no fútbol tamén importa a técnica

campus fútbol
Porque no fútbol tamén importa a técnica
A Concellería de Deportes do Concello de Xinzo organiza un campus para que mellores a túa este verán REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia A Concellería...
A Concellería de Deportes do Concello de Xinzo organiza un campus para que mellores a túa este verán

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

A Concellería de Deportes do Concello de Xinzo organiza para o vindeiro mes de xullo, concretamente entre  do 23 ao 27, o primeiro Campus de Tecnificación en Fútbol destinado aos rapaces nados entre 2000 e 2008.

En horario de 10:00 e 13:30 e por un prezo de 35 euros os pequenos poderán mellorar no seu deporte favorito grazas a  adestradores titulados. Ademais tamén se organizarán adestramentos específicos para porteiros e no custe inclúese un pícnic diario e a roupa de adestramento. Sorteos e unhas probas de captación para o Celta de Vigo completan esta actividade que xa iniciou o seu período de inscrición. Todos os que desexen anotarse ou solicitar máis información deberán achegarse ao pavillón de deportes de Xinzo de Limia antes do 18 de xuño.