O portavoz do PP defende a subida da taxa do lixo que podería ser de ata do 50%

pleno 26.12.14
O portavoz do PP defende a subida da taxa do lixo que podería ser de ata do 50%

\“O obxectivo da súa alegación era que non entraran as taxas en vigor o ano que ben\”

Último pleno e a última hora.

A unha hora nada habitual 14:30 celebrouse un pleno extraordinario para rexeitar cos votos do grupo de goberno do PP e o apio do concelleiro Paco Romero, a abstención de Teresa Puga e os votos a favor da alegación dos concelleiros do BNG e o Sr. Pérez Campos.

O Sr. Alcalde non desperdiciou a súa última intervención en pleno para criticar duramente a actitude dos concelleiros da oposición sobre todo os do BNG dos que dixo que non só non contaban a verdade se non que mentían reiteradamente. \“Nin a taxa sube o 20% nin somos dos concellos que mais cobran polo lixo\”.