Entre os positivos do domingo, asintomático, hai un usuario da piscina municipal de Xinzo

Elvira Lama
Entre os positivos do domingo, asintomático, hai un usuario da piscina municipal de Xinzo

Segundo as autoridades sanitarias NON é preciso pechar a instalación.

Despois dos resultados comunicados ao Concello dos 7 positivos Elvira Lama manifestou que neste momento a incidencia que temos correspondería a 830 contaxiados por 100.000 habitantes, unha taxa que a todas luces e moi grande.

Esta mesma mañá se puxo en contacto coas autoridades sanitarias para preguntar, que é o que temos que facer a maiores do que xa estamos a facer, para que esta taxa baixe o antes posible.

Tamén lle pide a poboación que se manteñan no seu entorno máis estrito incrementando a protección propia e dos seus.