Pouco interese dos veciños e veciñas de Xinzo para aportar ideas para o Entroido 22

Comisión aberta do entroido 21
Pouco interese dos veciños e veciñas de Xinzo para aportar ideas para o Entroido 22

Tamén pouco interese en formar parte da comisión. Son os mesmos menos unha persoa que se deu de baixa fai uns meses.

“Mas de lo mismo”, era o que se deixou entrever nas primeiras opinións dos presentes, todos membros da comisión organizadora a excepción dun veciño que si veu a aportar ideas para realizar neste Entroido 2022, para de algunha maneira “desenpolvar” algunhas cousas que si se facían en entroidos de fai anos e que se foron perdendo ao longo deste novo século.

DUAS POSTURAS MOI DISTANTES ENTRE OS MEBROS DA COMISIÓN

Unha vez que se partiu de que non ai máis incorporacións a comisión, o concelleiro de Cultura adiantou as liñas de como ven dende a concellería sobre o Entroido 2022, que non son outras que de “MOITA CAUTELA”. E partindo desta premisa, opta por plantexar un Entroido máis tradicional no que non haxa moitas aglomeracións, ou polo menos non fomentalas con cousas que as provoquen e que poidan ser prescindibles.

Outros membros da comisión parten da idea contraria, cal é , a de programar un Entroido como sempre, posto que neste momento a situación sanitaria permite case todo o aforo en exteriores ao 100% e dependendo da situación que haxa a poucas semanas e a tendencia ir sacando cousas. En definitiva, non autocensurarse de antemán, posto que isto prexudicaría enormemente e de saída a sectores como a hostalaría, as modistas etc. a continuar un ano máis en situación precaria, sen que o mellor, non faga falta no mes de marzo.