PP e PSOE votan a favor de destinar 627.000 para pago de provedores

Pleno abril
PP e PSOE votan a favor de destinar 627.000 para pago de provedores

Este foi un dos principais acordos do pleno ordinario desta maña

Despois da aprobación da acta da sesión anterior e da dación de contas aos concelleiros dos decretos da alcaldía, os edís trataron o primeiro tema referente ao cambio de condicións do acordo coa cantante María do Ceo referinte a utilización e ós dereitos do que se pretende sexa o himno de Xinzo. Este punto foi aprobado por unanimidade.

A partires deste punto xa as cousas cambiaron, para no cuarto punto , referente a utilizar 627.000 € que o Concello ten nunha conta, a cal non se pode utilizar, por ser cartos procedentes da venta de patrimonio(parcela do polígono).O PP propuxo, investir eses cartos para pagar facturas de provedores. Neste punto BNG e Xa abstivéronse , votando a favor da proposición do goberno o PSOE.

O Alcalde informou tamén referente ao patrimonio que o Concello tiña aínda 92 parcelas máis 12 de solo edificable. Cree que de patrimonio material improdutivo, xa chega ben, aseverando que o que hai que ser é prácticos. Non entende a postura dos que votaron en contra e espera que llo vaian a explicar os veciños ós que se lle deben facturas.

Resolución do recurso presentado por VIAQUA, S.A.

A secretaria deu lectura da resolución do recurso que no seu día presentara a concesionaria da auga en Xinzo VIAQUA, no cal se nega a pagar un canon de vertidos de preto 85.000 €. Neste caso o recurso foi denegado e comunícaselle áhoubo empresa a obriga de pagar, ou ben acudir ós tribunais. Todos os grupos apoiaron neste caso ó equipo de goberno na decisión, aínda que comentou o alcalde na súa intervención, a empresa xa anunciou que recurriría á vía contencioso- administrativa.

Membros oposicion xinzo 2Felicitamos ó goberno por facer cousas que levabamos no noso programa

Desta maneira dirixíase na súa quenda de intervención ó portavoz de XA, con respecto á moción presentada polo PP, a cal se uniron todos os grupos, denominada \“para a defensa das explotacións agrarias e gandeiras galegas\”. Loxicamente estas verbas provocaron uns dos momentos distendidos do pleno.

Pasouse logo a unhas prolongadas e soporíferas intervencións de todos os portavoces por mor da defensa nun caso PSOE, XA e BNG e en contra PP, na moción que se solicita do Concello de Xinzo a opoñerse ós tratados de libre comercio que vai a asinar a UE con EE.UU.

Os que defendían esa postura argumentaron que era de vital importancia para o noso pobo que non se asinen eses acordos con expresións nalgún momento catastrofistas dalgún membro da oposición. Houbo unha segunda intervención dun membro da oposición que para que os edis entenderán mellor a súa postura, comezou referíndose a que na época da segunda guerra mundial…., cuestión que provocou máis dun sorriso nas bancadas do PP.