A Praza Maior con 48 cadeiras baleiras que simbolizan as mulleres vítimas da violencia de xénero en 2015

cadeiras
A Praza Maior con 48 cadeiras baleiras que simbolizan as mulleres vítimas da violencia de xénero en 2015

Esta tarde leuse un manifesto de denuncia

O centro de Xinzo foi o escenario dunha serie de actos que se levaron a cabo con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. No medio da Praza Maior, 48 cadeiras baleiras que simbolizan o número de mulleres que morreron no 2015 a mans das súas parellas, 6 de elas en Galicia. A nosa comunidade é a segunda con máis mulleres mortas vítimas da violencia de xénero.

acto violencia

A Cruz Vermella, o CDR O Viso e o Centro de Información á Muller de Xinzo, quixeron deixar constancia destes feitos e que a sociedade se sensibilice coa gravidade desta problemática. Elaboraron un manifesto que se deu a coñecer a partir das 17h desta tarde e co que se quixo resaltar a importancia da coeducación e a prevención entre os máis pequenos. Nel pediuse a colaboración de toda a Limia para frear esta lacra.

Nesta actividade tamén estiveron presentes representantes do mundo da política e veciños e veciñas da Limia. O acto pechouse cun intenso aplauso en memoria das vítimas e a prol da igualdade.

Lembren que existe un teléfono de información e asesoramento xurídico en materia de violencia de xénero, é o 016. A chamada é de balde e non deixa pegada na factura de teléfono.