A praza maior encheuse para ver ao grupo “HABELAS HAINAS”

concerto habelas hainas
A praza maior encheuse para ver ao grupo “HABELAS HAINAS”

Aínda que a noite trocouse fría o ambiente foi quecendo a vez que o grupo \“Habelas hainas\” foi enchendo a noite de música

O grupo integrado por catro mulleres que dende Santiago se trasladaron ata Xinzo invitadas pola organización do Esquecemento para ofrecer un concerto , atópase unha limiá de Laroá (Patricia Gamallo) quen en todo momento recibiu o calor persoal de tódolos que seguiron o concerto ata o seu remate.

Quen se atopaba tamén vendo o concertó e participando da festa era o Presidente da Asociación Española de fiestas y recreaciones históricas ,Antonio Madrid e a Tenente alcalde do Concello de Lugo Mª Carmen Basadre Vazquez , responsable da organización da festa \“Arde Lucus\” que estiveron en todo tempo acompañados por membros da directiva de Civitas e o concelleiro de Turismo Carlos Gómez.

Antonio Madrid

RECOÑECEMENTOS A UNHA E CUARTO CON VISITA O MUSEO DO ENTROIDO

Mañá domingo a unha e cuarto tanto o presidente como a concelleira farán unha visita o Museo do Entroido de Galicia e antes seranlle entregados uns obsequios por parte de representantes do Concello e da festa do Esquecemento.